Sobre a difusión dos plenos

Queremos manifestar a dificultade que entraña para a cidadanía ter coñecemento da celebración dos Plenos. Na páxina web do concello non se lle da tratamento homoxéneo. No calendario de outubro si constan os dous que se celebraron:

Calendario outubro na web do Concello de Narón

Nembargantes, non é así no que se celebrará en novembro:

Calendario novembro na web do Concello de Narón

Reclamamos que desde o Concello se faga un maior esforzo na difusión dos Plenos, e que cando menos sexa coherente na publicación da convocatoria e información do mesmo. Aproveitamos para recordar suxestións que fixemos e coidamos moi necesarias: a gravación da celebración dos mesmos polo Concello, a difusión en directo na páxina web, e a publicación para posterior consulta do mesmo, coa achega de canta información de contexto (transcripcións, informes, etc.) se dispoña.

Sobre esta reclamación

Este escrito foi presentado os catro grupos políticos con representación no Concello de Narón. Agardamos resposta, e que a non publicación na axenda de celebración de Plenos non volva a suceder.