Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (I)
Como xa informamos, fixemos dentro do prazo de 30 días que marca o BOP alegacións o regulamento de Participación Cidadá. As detalladas neste artigo son as referentes a súa totalidade, pedindo que a elaboración do novo regulamento conte con participación real, e non se aprobe co vicio de nacemento de terse feito con nula participación, e só coa apariencia da mesma. Estos son os motivos.
Descoñecemento por parte da cidadanía do mesmo
No sometemento a consulta pública previa da disposición normativa dirixida á cidadanía e organizacións representativas afectadas pola futura norma, so houbo unha persoa ou organismo participante que fixo seis achegas ( e sen que no texto final estén reflexadas).
Nun concello de preto de 40.000 habitantes e que se preza de ter unha vida asociativa intensa, todo isto reflexa que non foi difundido axeitadamente este regulamento para a súa valoración e redacción coas achegas enriquecedoras da cidadanía e asociacións, o que xa o deslexitima completamente de base para o futuro.
Non foi emitido informe sobre o regulamento polo Comisionado de Transparencia
O Comisionado da Transparencia constitúese coma un órgano independente de control no cumprimento das obrigas comprendidas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno por parte dos suxeitos incluídos no seu ámbito de aplicación.
O Comisionado da Transparencia ten encomendadas entre outras a seguinte función:
“d) Emitir informe, con carácter previo á súa aprobación, sobre proxectos de lei ou de regulamentos en materia de transparencia e bo goberno, oída a Comisión da Transparencia”
Non pode haber participación cidadá real se non hai transparencia. De feito, noutras comunidades autonómicas, coma é o caso de Euskadi, está lexislado conxuntamente na “Ley de Transparencia, Participación ciudadana y Buen Gobierno”
Porén, consideramos imprescindible que o comisionado de Transparencia avalíe si con este regulamento hai as medidas de transparencia que garantan a posibilidade de participación real
O que solicitamos
O regulamento debería ser revisado na súa totalidade, abrindo un novo periodo de participación, dandolle previamente a máxima difusión a ese proceso.