Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (II)

Dentro das alegacións novo Regulmento de Participación Cidadá de Concello de Narón, remarcamos a necesidade de que se atopen de xeito específico moitas outras cuestións non abordadas. Estas son cinco das nosas propostas.

Orzamentos participativos

É totalmente incompleto un regulamento de participación cidadá que non regule o funcionamento dos orzamentos participativos.

Infraccións e sancións

O regulamento é enteiramente unha declaración de intencións se non se regula que acontece en caso de incumprimento.

Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

É preciso regular de xeito específico este plan que ten vital transcendencia para a veciñanza e o futuro de Narón como cidade. Porén, coidamos que é necesario engadir un ou varios artigos nesta liña:

Presentarase o PXOM á veciñanza mediante participación cidadá antes da súa aprobación polo Pleno, para ter en conta todas as demandas.

Previamente facilitarase o coñecemento de todos os proxectos urbanísticos mediante a publicación da documentación a través da páxina web, utilizando resumos cunha linguaxe accesible evitando a terminoloxía técnica.

Paralelamente expoñeranse os seus documentos máis representativos en lugares públicos e accesibles (vestíbulo da Casa do Concello, Auditorio, etc.) e presentaranse en conferencias explicativas e participativas por todas as parroquias.

Transparencia e criterios obxectivos acordados na concesión de convenios e subvencións

É preciso garantir que os criterios a ter en conta para a baremación de convenios e subvencións son acordados nos diferentes consellos sectoriais, e que se lle da a difusión non so a concesión do concello, se non a puntuación obtida, a finalidade, a contía, etc.

Avaliación continua

É preciso que as enquisas de calidade se fagan con uns indicadores relevantes e obxectivos que permitan valorar a calidade dos servizos ofertados polo Concello e coñecer as necesidades da veciñanza. O sistema de recollida debe ser cunha periodicidade regrada e acompañado dunha memoria que avalíe os resultados e valore as diferenzas producidas respecto a anteriores medicións, propoñendo melloras de ser preciso.

En vinveiras entregas seguiremos con máis aportas realizadas…