Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (III)

Seguimos coas achegas que fixemos o novo Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón, con temas non tratados de xeito específico no regulmento.

Dotar de ferramentas participativas para dispositivos móbiles

O xeito de relacionarse a cidadanía entre sí mudou recentemente coa aparición dos dispositivos móbiles. A administración debe tamén adaptarse para facilitar a relación coa cidadanía por canles máis directos e sinxelos. Por iso, é necesario contar con ferramentas e aplicacións accesibles desde dispositivos móbiles que faciliten a participación, a difusión dos procesos en curso e a proposta de cambios ou novos procesos

Perfiles nas redes sociais

É preciso dotar de perfiles con imaxe e xestión homoxénea nas redes sociais do Concello, a Alcaldía e Concellerías, que informen de todas as actividades de xeito segmentado por areas. Tamén e necesario facer labor conxunta e mancomunada na comarca dándolle difusión a programas e ofertas de emprego que ofreza cada municipio da comarca, administración autonómica ou a administración xeral do estado.

Informe anual

Publicarase anualmente ó remate do ano informe coas métricas que permitan avaliar a participación real no concello: Solicitudes de información, alcance da difusión na web e redes sociais, sondaxes e estudos de opinión levados a cabo, enquisas de calidade, peticións individuais e colectivas, consultas populares, iniciativas populares, audiencias públicas concedidas, intervencións no pleno realizadas por cidadanía, etc.

Rendición de contas

A alcaldía e os concelleiros de goberno renderán contas en pleno valoración do estado do Concello aberto a cidadanía bianualmente no ecuador da lexislatura, informando sobre os logros acadados durante ese tempo, así como aportando explicacións exhaustivas das causas de posibles incumprimentos do programa de goberno e das promesas electorais realizadas.

Publicación de informes de retribucións dos cargos electos

Publicarase toda a información relevante de tanto os cargos electos coma o persoal de confianza. Verificarase a a completitude e exactitude do declarado (titulacións académicas alegadas, posibles incompatibilidades, bens declarados, etc.). Publicarase ó final do ano o total de ingresos aboados polo concello polos distintos conceptos.

Continueamos en vindeiros artigoas coas emendas o articulado que fixemos. Non citaremos todas por ser preto de 50, pero sí algunhas das que consideramos máis relevantes.