Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (V)
O artigo 8 trata tamén da transparencia, pero abordando a súa implantación como situación excepcional no canto de ser a norma:
Cando as circunstancias de interese público o aconsellen e tras a conformidade do órgano municipal competente, daranse a coñecer a toda a poboación que resida no municipio os acordos e disposicións municipais, sen prexuízo da preceptiva publicación nos boletíns oficiais.
Artigo 8. Información de interese público
Propoñemos darlle a volta convertindo a excepción en regra:
Daranse a coñecer a toda a poboación que resida no municipio os acordos e disposicións municipais, sen prexuízo da preceptiva publicación nos boletíns oficiais, salvo que con circunstancias motivadas o órgano municipal competente considere innecesario darlle publicidade
Proposta de artigo 8
Comprendemos que hai outras cuestións que merecen lexítima defensa por riba da transparencia (coma poden ser en moitos casos a protección dos datos persoais, a seguirade nacional, etc.). Pero debe ser o concello quen motive cando non se lle da publicidade a algunha cuestión.
Cal das dúas redaccións che parece máis axeitada? Cres que como regra xeral debe prevalecer a información e a transparencia?