Emendas presentadas polo PP ao proxecto de orzamentos

O Partido Popular de Narón presentou un total de nove emendas ao proxecto de orzamentos para 2020 que ao seu xuízo tentan «paliar un proxecto orzamentario insuficiente que segue a súa liña de continuísmo sen dar novas alternativas nin profundizar nos principais problemas que se xeran no municipio»

Suben os gastos correntes en máis de 700.000 € e redúcense os investimentos, polo que fan as seguintes propostas:

  1. Plan de Conservación de Rúas e vías Municipais.
  2. Promoción de emprego: Programa de bolsas de estudo e prácticas en países da UE
  3. Bolsa de Impulso ao Emprendedor:
  4. Programa de envellecemento activo «Ningún maior só»
  5. Casa da mocidade
  6. Programa de melloras de Instalacións Deportivas
  7. Mellora en Turismo e a participación en Fitur
  8. Mellora das partidas destinadas ao Mobiliario Urbano e marquesiñas
  9. Mellora das partidas destinadas a Equipamento de Locais Municipais.

As partidas para as que propoñen a súa minoración son as destinadas a:
«Outros traballos, outros gastos diversos, publicidade e propaganda», istó é, os conceptos orzamentarios xenéricos e sen proxecto definido que sirven de carta en branco.

O importe total de mellora do orzamento municipal é de 345.000 € do capítulo 6 de investimentos; e 245.000,00 € do capítulo 2, 3 e 4 na mellora de servizos de atención ao cidadán, mellora de Formación e emprego.

A nosa valoración

Desde Ágora Narón valoramos positivamente as achegas por varios motivos. En primeiro lugar, cremos que non son enmendas a totalidade, e sí aportacións constructivas que cando menos deberían ser escoitadas e debatidas no Pleno; nos estívemos alí e sabemos que non foi así, simplemente por vir de quen veñen, e porque desde o Goberno municipal teñen a capacidade de pasar o rodillo sobre a oposición.

De igual xeito consideramos positivo que veñen cuantificadas económicamente, e con indicación clara de que outras partidas deben ser reducidas, non sendo estas de servicios básicos ou de carácter social.

Con todo, botamos en falta unha análise máis detallada de estudo das necesidades e de execución do proposto. Tamén unha aposta decidida por contar cun capítulo de orzamentos participativos.

E para que cada quen xuzgue e valore libremente, achegamos o documento: