Normalización lingüística en Narón – Apego e máis!

Hoxe falaremos de algo que coidamos está funcionando moi ben no Concello de Narón: o seu servizo de normalización lingüística.

O concello ten unha comprometida técnica que fai esa labor, onde coidamos como particularmente encomiable todas as actividades levadas a cabo dentro do programa colectivo Apego. Sendo moitos os concellos que participan neste proxecto, poucos levan a cabo tantas actividades coma o de Narón.

Somos da opinión que esa labor enfocada a rapaces e rapazas de ata os seis anos de idade pode traer un futuro prometedor. Cunha futura cidadanía orgullosa da súa lingua non se perderá ese patrimonio e ábrense ás portas para a aprendizaxe doutras linguas.

Entendemos que esa forma de traballar cooperativamente entre Concellos aproveitando sinerxías e moi axeitada. Ademais son moitos outros proxectos os que se están levando a cabo: Do berce a rúa, Felicita o Nadal en Galego, O nobelo do tempo en Narón, …

Quizais, como única pequena suxestión coidamos que sería bo que o servizo tivera o seu propio perfil nas redes sociais tanto para dinamizar a lingua como para darlle difusión ás moitas actividades que organiza e promociona. Porque a realidade e que non atopamos na páxina do concello información de moitas das actividades que están tendo lugar.