Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (VI)

O novo Regulamento de Participación Cidadá é terriblemente farragoso cunha redacción complexa e en moitos casos redundante.

Sirva de exemplo a repetición que existe entre o que se indica nos artigos 7 e 12:

As normas, acordos e, en xeral, as actuacións municipais, serán divulgadas para que poidan ser coñecidas polos/as cidadáns/ás e, como consecuencia, poidan exercer os seus dereitos e cumprir as súas obrigas.

Artigo 7. Difusión das actuacións municipais

O Concello de Narón fará o posible por distribuír a información municipal, potenciará os medios de comunicación municipais e propiciará o acceso a este dos/as cidadáns/ás e entidades inscritas no Rexistro municipal de entidades cidadás […]

Artigo 12. Medios de comunicación municipais

Non se está dicindo prácticamente o mesmo?

Doutra banda, todas as garantías fanse de xeito xenérico:

  • Non se específica que normas e acordos serán divulgados.
  • Non se especifica en qué prazos.
  • Non se especifica que acontece se non se cumple a norma

Cando menos, e sen ánimo de ser exhaustivos, nos defendemos novamente que se publicite unha das máis relevantes da actividade municipal: os plenos. E por iso propoñemos que se engada a difusión do mesmo con inclusión do vídeo e audio das sesións.

Porén, propoñemos que estes artigos se fusionen, e inclúan cando menos:

O concello publicará na súa páxina web e no Portal de Transparencia toda a documentación do anexo I da da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno do Concello de Narón. Ademais incluirá as gravacións das sesións plenarias en directo e para a súa reprodución en diferido con subtitulado para garantir a accesibilidade a toda a poboación

Proposta de inclusión na fusión dos artigos 7 e 12

Cres que o regulamento debe ser máis específico para dar garantías reais? Coidas que é necesario ter acceso os videos e audios das sesións plenarias?