Alegacións o Regulamento de Participación Cidadá (VIII)

Hai artigos do novo Regulamento de Participación Cidadá que mostran sen lugar a dubidas co pouco cariño e interese que foi redactada esta norma:

Os/as cidadáns/ás terán acceso á documentación dos arquivos e rexistros municipais, para informarse de actividades e asuntos relativos a competencias municipais, se acreditan un interese sobre estes. A petición deberá facerse de forma razoada a través do Rexistro Xeral do concello, conforme ao establecido no artigo 37 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común.
Sen prexuízo do anterior o acceso aos arquivos e rexistros deberá cumprir cos requisitos recollidos no Regulamento do Arquivo municipal do Concello de Narón aprobado polo Pleno municipal o día 28 de abril de 2006.

Artigo 10. Acceso aos arquivos e rexistros municipais

O artigo 10 cita lexislación que non está vixente desde fai case un lustro, a lei 30/1992, e fixa novamente requisitos que van contra a lexislación vixente, coma é o de esixir a petición de forma razoada ou ser persoa interesada.

Propoñemos un artigo moito máis sinxelo, e por suposto actualizado:

A cidadanía terá acceso de forma presencial ou telemática á documentación dos arquivos e rexistros municipais, para informarse de actividades e asuntos relativos a competencias municipais conforme a Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común e a Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público

Proposta de artigo 10

Un ultimo apuntamento… non atopamos o mencionado Regulamento do Arquivo municipal do Concello de Narón do ano 2006. Dende logo non consta coma lexislación vixente na web do Concello de Narón.

Como vai poder a veciñanza reclamar información de arquivos e rexistros municipáis referenciando a unha normativa que non está facilmente localizable (e posiblemente non vixente)?