Pasarela de Santa Icía. A veciñanza merece solucións

Sabemos que como di o refraneiro «Las cosas de palacio van despacio». Pero as veces as pequenas cousas ralentízanse de xeito desesperante sen aparente xustificación

Tras moitos anos de movilizacións, no 2017 a Deputación da Coruña anunciaba a licitación de xeito inmediato da redacción de proxecto de mellora na pasarela que permitiría mellorar a seguridade viaria e humanizar un pouco máis o barrio.

A cousa pintaba ben porque xa en xaneiro saía publicado no BOP o anuncio da licitación. E casi un ano despois é adxudicada a redacción do proxecto.

Pero se esa demora é xa cuestionable, o que resulta difícilmente xustificable é que a día de hoxe non haiba nada feito, coma así denunciaba en novembro a Asociación de Veciños de Trasancos.

Indican que se non hai actuación de forma urxente, barallan levar a cabo unha concentración.

Desde a nosa asociación coidamos que é evidente a falta de transparencia e comunicación de Deputación e Concello cos afectados, e a súa torpeza administrativa na xestión de proxectos, e amosamos todo o noso respaldo nesta reivindicación da asociación de veciños.