Construíndo Narón. Grazas
Vai hoxa xa unha semana desde que tivo lugar a xornada divulgativa Construíndo Narón.
Tedes aquí en audio a maior parte do evento para aqueles que non puidéchedes asistir.
Non temos máis que palabras de agradecemento. A xornada tivo moita difusión máis alá do boca a boca e das redes sociais porque os medios foron xenerosos na cobertura (e en publicacións posteriores compartiremos as novas e artigos de opinión que nos adicaron). Pensamos que era un acto novedoso e necesario en Narón, e así o entenderon.

Tamén o atisbou así a cidadanía, cunha alta participacion tanto en asistencia coma en interese no debate coas dúas mesas. A súa presenza e compromiso cívico danos azos para seguir traballando.

O agradecemento é tamén extensivo para todas as asociacións de veciños de Narón que se reuniron con nos, e adicaronlle un rato do seu tempo a meditar e facernos chegar a súa opinión sobre o urbanismo e o propio acto. En particular, queremos agradecerlle as asociacións de veciños de Santa Icía, San Mateo e a Gándara a súa participación na mesa redonda, e a Asociación de Veciños do Alto do Castaño polo uso do local.

Do mesmo xeito, queremos dar as grazas os relatores da primeira mesa (Antonio García Lastra, Manuel Amable Romero e Antía Pérez Caramés), porque tamén eles de xeito completamente altruísta quixeron colaborar entendendo que así é como se fai cidade.

Pola nosa banda, estamos xa traballando no documento de conclusións que achegaremos os organismos públicos, comezando polo Concello de Narón. Esta semana foi noticia que están traballando no PXOM, e pensamos que todo o que expoñamos pode servir para entre todos facer un Narón mellor, que como cidade busque solucións os problemas da veciñanza.